10 E 11 DE MAIO: Castelo de Narla

O pasado 10 e 11 de maio tivemos o placer de organizar un evento moi especial nun lugar incomparable. Dende A Mesa de Breogán e coa inestimable colaboración da Diputación Provincial de Lugo, puidemos organizar unhas xornadas de xogos de mesa, wargames e xogos de rol no mesmésemo Museo Fortaleza San Paio de Narla.

Contamos con varios espazos nos que desenvolveron diferentes actividades lúdicas. O día 10, montamos unha gran selección de xogos de mesa para diferentes idades, organizamos varias partidas de rol tanto pola mañán coma pola tarde e os nosos amigos de Bandua Wargames instalaron varias mesas para facer exhibicións, organizar partidas e mostrarnos coma se prepara un bo exército para a loita.

Para o día 11 de maio, e coma final de festa, organizamos un Gran Rol en Vivo .

Coma non podería ser doutro xeito, tódalas actividades foron gratuitas e tuvemos a inmensa sorte de contar coa visita de máis de 50 participantes para as diferentes actividades.

Isto solo é o comezo.

Moitas grazas!

A Mesa de Breogán