Eventos en preparación
Evento de Rol en vivo no Lugo da Guerra Civil
En 2026 cumpriranse 90 anos do Golpe de Estado realizado en 1936 e todo o terror desatado no “Bando Nacional”. Para recordar ese evento, dende a Mesa de Breogán estamos a preparar un Rol en vivo que reproduza a vida cotiá de familias anónimas da cidade de Lugo cando se produxo o levantamento.
Como fio conductor usaremos o libro “Diario de Lugo 1936”, publicado pola Deputación de Lugo, onde Ben-Cho-Shey narra esos primeiros meses do levantamento.
Se queres participar na redacción do rol en vivo, ou formar parte dos grupos de testeo antes de que sexa ofertado ao público xera, escríbenos as nosas redes sociais ou ao mail info@amesadebreogan.com
Un dos nosos obxetivos como asociación é promover o patrimonio cultural, tanto da Provincia de Lugo como do resto da Galiza. Para iso realizamos diferentes saídas programadas para descobrir espazos que apenas coñecemos ou aproveitando exposicións temporais ou festas que nos resulten chamativas.
Unha das primeiras saídas que fixemos foi a Santiago de Compostela, aproveitando a existencia dunha actividade programada por outras asociacións “A arte do combate” e ademais acudimos a exposición «Orixes» na Cidade da Cultura.
Para este verán estamos pensando en facer unha saída para acudir as festas do “Ribadeo Indiano” e coñecer un pouco máis da nosa costa.
Sobre nós
A mesa de Breogán nace coa intención de se converter nun espazo de unión e xuntanza para todos aqueles que senten interés por la cultura friki.
Pese a que a asociación nace co fin de ser un referente dos xogos de mesa, wargames e rol na cidade de Lugo, ábrese a outros espazos xeográfico (a comunidade de Galiza) e outras actividades e ámbitos de interese tales como o cómic, o cinema a literatura e moito máis. Se tes estas ou outras aficións, non dubides en contactar con nós.
Síguenos en Instagram
Síguenos en Twitter
Visita a nosa canle de Youtube
A nosa razón de ser

Xogos de mesa
Os xogos de mesa están vivindo un momento doce, e dende a Mesa de Breogán queremos crear grupos de aficionados a este entretemento con fin de que sempre haxa xente dispoñible para botar unha partida, probar xogos novos e incluso axudar a creación de propostas alternativas.

Wargames
Non sempre é doado atopar xente para librar unha batalla, compartir segredos sobre as pinturas a utilizar ou falar durante horas do «lore». Por iso mesmo, creamos unha canle de encontro para todos os entusiastas dos xogos de guerra.

Xogos de rol
Se eres daqueles que están a buscar unha campaña longa na que sumerxirse nunha historia na que o teu persoaxe poida evolucionar durante semanas ou meses ou, se po lo contrario, prefires partidas de unha ou poucas sesións na que ir probando diferentes xogos e configuracións, este é o teu lugar.
Os nosos intereses
Se ben no apartado anterior falábamos dos puntos troncais da nosa proposta de entretemento, buscamos xente con aficións variadas que vaian moito más aló. Se eres un friki dos pes á cabeza ou sinxelamente queres compartir unha afición particular, aquí atoparás con quén. A nosa intención é crear una asociación cultural de entretemento alternativo con aficións variadas e na que cada socio poda propoñer diferentes actividades. Abaixo atoparás algúns exemplos de actividades que queremos levar a cabo no futuro.
Cineclube
A quén non lle gusta o cinema? Propoñemos crear un grupo de aficionados o séptimo arte para facer quedadas xa sexan dixitáis ou personáis coa finalidade de visionar un ou varios filmes e despóis comentalos.
Clube de lectura
Un espazo para compartir libros, facer recomendacións e lecturas conxuntas co fin de ampliar os nosos orizontes ou profundizar nos temas que máis nos apaixonan.
Intercambio de banda deseñada
A dinámica da producción de cómic, novela gráfica ou banda deseñada, fai difícil achegarse a determinadas propostas que poden estar descatalogadas, son costosas ou difíciles de conseguir. Un sistema de intercambio axudará a expandir esta afición.
Xornadas de xogos clásicos
Probablemente non hai nada más divertido (e competitivo) que un torneo do primeiro Mario Kart ou do Street Fighter 2. Os píxeles coma puños de labrego non son impedimento para botar unhas risas mentres facemos acopio de toda a nostalxia posible.
Podcasting
Hai moitos? Sí. Ó mellor, demasiados? Pode ser. Pero eso non nos impedirá impulsar as propostas dos socios tanto con contido, participantes ou promoción nas nosas canles de comunicación.
Modelismo
Montar maquetas, figuras para os xogos de guerra, elaborar e pintar decoracións para wargames ou xogos de rol, etc. A nosa intención é facer dende cursos ata proxectos colaborativos para mellorar as nosas habilidades neste ámbito.
Queres que a cultura friki medre en Lugo?
Gustaríache propor actividades que non se están a realizar no teu concello? Non consegues xuntar a cinco persoas para o xogo de mesa que mercaches? Buscas un punto de reunión no que coñecer xente cos teus gustos? Ven e asóciate a nós! Contáctanos nas nosas redes sociais, quedamos e ensinámosche o local, o que facemos e xogamos a algunha das cousas que temos por alí.
Asociarse na Mesa de Breogán ten vantaxes como:
-Ter a tu a propia chave e acceso ao noso loca 24 horas ao día.
-Participar activamente na programación das actividades, propoñendo e realizando as mesmas.
-Participar nas canles de programación e difusión de actividades e nas comunidades temáticas.
-Ter voz e voto nas reunións que se realicen.
En cambio se simplemente queres colaborar, eres de moi lonxe e só podes achegarte cando organicemos algunha actividade puntual, podes facerte Amigo da asociación. Con un importe simbólico de 5 euros ao mes, poderás saber con anticipación cando se realizarán actividades de fin de semana e anotarse antes que ninguén nos xogos de rol. Tamén poderás vir a xogar de vez en cando ao local acompañado dun socio ou socia.
Para calquer contacto podes escribirnos por redes sociais ou o directamente ao noso email:
Eventos
Coa intención de promocionar a cultura friki e chegar ó maior número de persoas posible, dende a Mesa de Breogán comprometémonos a organizar eventos públicos tanto para coñecervos e darnos a coñecer como para presentacións, mostras e difusión de xogos, artistas, empresas, clubes e outras asociacións do ámbito do entretemento alternativo.
No noso blog poderás atopar información sobre os eventos e actividades que realizamos

10 E 11 DE MAIO: Castelo de Narla
O pasado 10 e 11 de maio tivemos o[…]

8 DE MARZO: Xornadas de xogos feministas
O pasado 8 de marzo, dende A Mesa de[…]

16 DE NOVEMBRO: O Vello Cárcere
A Asociación cultural A mesa de Breogán organizou o[…]
Contacto
Podes contactar con nós escribíndonos directamente á nosa dirección de correo electrónico ou a través das mensaxes privadas das nosas redes sociais.