16 DE NOVEMBRO: O Vello Cárcere

A Asociación cultural A mesa de Breogán organizou o seu primeiro evento (primeiro de moitos) o pasado 16 de novembro do 2024. O espírito deste encontro foi achegar á poboación as posibilidades do lecer alternativo que representa a asociación. Coma sede do evento, tivemos a sorte de contar coas instalacións “Do Vello Cárcere” de Lugo polo que o marco no que se desenvolveron as actividades non puido ser máis evocador. É por iso, que o cun lugar tan emblemático da cidade, tratamos sempre de incluír a historia do mesmo para que os visitantes ás xornadas tiveran a oportunidade de coñecelo mellor.

Durante o evento, leváronse a cabo partidas tanto de xogos de mesa coma de rol e para ampliar as posibilidades de lecer e coñecemento do visitante, dispuxéronse toda unha serie de presentacións, ademais das citadas mostras de xogos, que teñan relación coa temática abordada: presentacións de filmes galegos, podcast e unha demostración de esgrima histórica da man da Asociación Lucense de Esgrima Antiga (ALEA).

A entrada foi completamente libre e puidemos coñecer a moitas persoas coas que compartir as nosas aficións. Estamos encantado co resultado do evento e esperamos que sexa a nosa priveira visita de moitas a este lugar tan especial.

Esperámosbos para a próxima!

Un afectuoso saúdo.

A mesa de Breogán